Sinopse
Un barco, unha paisaxe e un artista. Sesiones Sumergidas nace do encontro entre a música en directo e a contorna, levando cada sesión a lugares onde a paisaxe se converte en parte da experiencia. A bordo de embarcacións, artistas nacionais e internacionais interpretan as súas cancións e comparten conversas que permiten coñecelos máis alá do escenario. Cada sesión é unha viaxe que une música, natureza, cultura e gastronomía local, convertendo a paisaxe nunha protagonista máis. Un formato audiovisual que busca descubrir novas formas de escoitar, mirar e vivir a música.
Tráiler
David Casas Dorribo

Ourense (España), 1996
Director creativo e produtor executivo en Baicrea e Marde Producciones, cunha traxectoria vinculada á publicidade, á comunicación e á produción audiovisual. A súa experiencia profesional desenvolveuse xunto a marcas e proxectos de ámbito nacional, aínda que os seus inicios estiveron ligados á linguaxe audiovisual e á creación de contidos.
No 2019 funda Sesiones Sumergidas, un formato que evolucionou progresivamente desde as primeiras sesións musicais ata se converter nunha proposta que combina música,paisaxe, cultura e territorio. No 2021 traslada as sesións ao mar, incorporando embarcacións e localizacións singulares, e no 2025 amplía o proxecto con eventos presenciais e entrevistas con artistas nacionais e internacionais.




