Te separas mucho

PAULA VELEIRO / España / 2024

Pases

Mércores 1/10 – 22:00 h
Teatro Principal

Xoves 2/10 – 17:00 h
Cine Ponte Vella – Sala 7

Sinopse

En 1989, José Luis e Luz María, un novo matrimonio que vive en Galicia e acaba de ter unha filla, divórciase. José Luis filma todo o proceso de ruptura co seu cámara. En 2019, a súa filla Paula que vive en Francia desde fai dez anos coa súa noiva Joy, sepárase. Paula, do mesmo xeito que o seu pai, gravou durante todo este tempo a súa historia de amor e o seu final. Un documental íntimo que entrelaza dúas separacións ao longo de trinta años. A pregunta que queda é: ¿qué pasa cando acabase o amor?

Premios

  • 2024 Festival de Cine de Gijón: Premio AMAE ao Mellor Montaxe dun film español
  • 2025 Festival Queer de Sicilia (Italia): Premio do Público

Galería de fotos

Ficha Técnica

Título: Te separas mucho
Duración: 67 min
País: España
Ano: 2024
Xénero: Documental
Directora: Paula Veleiro
Guión: P. Veleiro
Música: Monday Music
Fotografía: Paula Veleiro
Montaxe: Paula Veleiro
Intérpretes: José Luis Pérez Veleiro, Luz María López Castro, Joy Thomas, Paula Veleiro
Produtor: Brais Romero Suárez
Produción: La Machina

Paula Veleiro

Directora ourensá. Estudou Comunicación Audiovisual en Santiago de Compostela e especializouse en Dirección Cinematográfica no CECC (Barcelona). No 2012 se muda a Francia onde dedica 10 anos a realizar videoclips, curtametraxes, vídeos para festivais de música, concertos ou tráileres. Te separas mucho é a súa primeira longametraxe que foi seleccionada na súa fase de produción en CIMA Impulsa. No seu afán por explorar todo tipo de lenguaxes, inicia unha nova etapa como cantante do grupo La rate timide e actualmente traballa na súa primeira novela, que conta co apoio da Residencia Literario Finestres.

FILMOGRAFÍA (Directora)
2024 Te separas mucho