/

/

Testigo de cargo

Testigo de cargo

BILLY WILDER / Estados Unidos / 1957 / 116 min

Pases

Martes, 29/09 – 22:00 h
Galicine (CC Ponte Vella)

Sinopse

Leonard Vole, un home novo e atractivo, é acusado de asasinar a Sra. French, unha rica anciá coa que tiña amizade. O suposto motivo do crime era a posibilidade de herdar os bens da finada. Malia as demoledoras probas na súa contra, Sir Wilfrid Roberts, un prestixioso avogado penalista londiniense, encárgase da súa defensa.

Galería de fotos

Premios

195, Óscar:

  • Nominación á mellor película
  • Nominación ao mellor actor protagonista (Charles Laughton)
  • Nominación á mellor dirección (Billy Wilder)

1958, Globos de Oro:

  • Nominación á mellor película dramática
  • Nominación á mellor dirección (Billy Wilder)

1958, David di Donatello: Premio ao mellor actor estranxeiro (Charles Laughton)

Ficha Técnica

Título orixinal: Witness for the Prosecution

Dirección: Billy Wilder

Guión: Billy Wilder, Harry Kurnitz, Agatha Christie

Fotografía: Russell Harlan

Montaxe: Daniel Mandell

Música: Matty Malneck

Deseño de produción: Alexandre Trauner

Vestiario:  Edith Head 

Intérpretes: Tyrone Power, Marlene Dietrich, Charles Laughton, Elsa Lanchester

Produción: United Artist

Tráiler

Billy Wilder

Nado en 1906 en Sucha (daquela Austria, hoxe Poloña), comezou a traballar como periodista en Viena e Berlín, de onde tivo que fuxir tras a chegada de Hitler, exiliándose aos Estados Unidos. En Hollywood converteuse nun dos grandes guionistas da Paramount; escribiu case setenta guións. Pasou á dirección “en defensa propia” e rodou 26 películas, entre elas obras mestras que lle valeron sete Óscar e vinte e unha candidaturas. Tras unha traxectoria que se estendeu de 1930 a 1981, continuou escribindo ata o final da súa vida, marcada pola perda da súa familia nos campos de concentración e por unha ética creativa chea de ironía e verdade, antes de morrer aos 95 anos en Beverly Hills.

Filmografía destacada
1974 Primera plana
1961 Uno, dos, tres
1960 El apartamento
1959 Con faldas y a lo loco
1957 Testigo de cargo
1954 Sabrina
1950 El crepúsculo de los dioses
1945 Días sin huella
1944 Perdición