Pases
Venres 3/10 – 12:00 h
Cineclube Padre Feijoo

Sinopse
Chatila e Reda, de orixe palestina, son dúas curmás que remataron vivindo nos suburbios de Atenas buscando unha vida mellor. No intento de aforrar diñeiro para pagar os pasaportes falsos e mudar a Alemaña, Chatila trama un plan extremo que consiste en facerse pasar por traficantes e tomar reféns.
Premios
- 2024 Shanghai International Film Festival (China): Premio do Público
- 2024 Mediterrane Film Festival (Malta): Premio do Xurado
- 2024 Taormina International Film Festival (Italia): Premio do Público
Galería de fotos
Ficha Técnica
Título: To a land unknown (Hacia una tierra desconocida)
Duración: 105 min
País: Grecia-Reino Unido-Palestina-Alemaña-Países Baixos-Qatar-Francia- Arabia Saudita
Ano: 2024
Xénero: Drama
Director: Mahdi Fleifel
Guión: Mahdi Fleifel, Fyzal Boulifa, Jason McColgan
Música: Nadah El Shazly
Fotografía: Thodoris Mihopoulos
Montaxe: Halim Sabbag
Intérpretes: Angeliki Papoulia, Mondher Rayahneh
Produtor: Geoff Arbourne
Produción: Inside Out Films, Homemade Films, Duckin’ & Divin’ Films, Nakba Filmworks, Studio Ruba
Trailer
Mahdi Fleifel

Cineasta palestino que reside en Londres. Creceu no campo de refuxiados de Ain El-Helweh (Líbano). Graduouse na Escola Nacional Británica de Cine e Televisión en 2009. O seu coñecido documental, A world not ours percorreu o gran circuíto de festivais e obtivo numerosos premios, entre eles o Premio da Paz da Berlinale.







