/

/

Todo pode esperar

Todo pode esperar

BORJA CASAL / Galicia / 2026 / Documental / 87 min

Pases

Martes 29/09 – 17:00h
Cineclube Padre Feijoo

Sinopse

César Morán é un profesor de Lingua xubilado que hai 50 anos intentou facer carreira como cantautor. A vida non lle permitiu facelo. Non puido vivir da música, pero conseguiu algo máis importante: vivir sempre preto dela.

Ficha Técnica

Dirección: Borja Casal

Guión: Borja Casal, Diego Guerrero

Fotografía: Marcos Estebo

Montaxe: Adolfo Fernández Piñeiro

Música: César Morán

Interveñen:  César Morán

Produción: Borja Casal, Marcos Estebo, Laura Pazienza e Adolfo Fernández Piñeiro

Borja Casal

Nado en A Coruña en 1996, exxornalista e actual guionista (Voz Audiovisual, Filmax, La Voz de Galicia). Amante da non ficción e das «historias pequenas», codirixiu Recollendo Músicas (Premio Mestre Mateo) e estreou a longametraxe Todo pode esperar (I Premio José Gil). Licenciado en Audiovisual e cun máster en xornalismo, investiga sobre o cinema de xornalistas.