Sinopse
Que significa triunfar sendo muller? Tres mulleres, un camiño busca resposta nos testemuños de tres mulleres extraordinarias de distintas xeracións: Benedicta Sánchez, Goya á mellor actriz revelación; Marisol Soengas, investigadora do CNIO e Premio Carmen y Severo Ochoa; e Laura Barceló, tres veces campioa de España de boxeo. Tres disciplinas afastadas entre si —cine, ciencia e deporte— que comparten un mesmo fío: a determinación de seguir adiante cando o camiño non estaba trazado. A través das súas historias, o documental constrúe un retrato íntimo sobre a resiliencia, a vocación e o que cada unha tivo que percorrer para chegar ata onde está, e sobre as moitas formas que pode adoptar o éxito ao longo dunha vida.
Galería
Ficha Técnica
Dirección Antonio Alonso
Guión Antonio Alonso
Fotografía Jorge Torrego, Fernando Ávila
Montaxe Fernando Ávila, Diego Ávila
Música Joaquim Heinrich
Interveñen Benedicta Sánchez, Marisol Soengas, Laura Barceló
Produción Antonio Alonso, Josemari Martínez, Fernando Ávila, Calabaza Films, Docufilms
Distribución Inout Distribution
Premios
- 2025, Madonie Film Festival (Italia): Mellor documental
- 2025, Couch Film Festival: Premio mellor documental
Antonio Alonso
Madrid
Graduado en Comunicación Audiovisual e cun mestrado en Creación de Guión, iniciou a súa carreira na serie Élite antes de incorporarse a Paramount, onde desenvolveu contidos para MTV, Nickelodeon, Comedy Central e VIS. Tamén traballou para a produtora 3DOE. Tres mujeres, un camino é o cuarto documental que dirixe.









