/

/

Vías cruzadas (The station agent)

Vías cruzadas (The station agent)

TOM McCARTHY / Estados Unidos / 2003

Pases

Martes 30/9 – 22:00 h
Teatro Principal

Sinopse

Finbar McBride odia ser o centro de atención, pero pasar desapercibido medindo menos de un metro e trinta e cinco centímetros é imposible. El, que naceu padecendo raquitismo, gustaríalle levar unha vida de illamento, gozando da súa única paixón: os trens. Así, instálase nunha estación de tren abandonada de Nova Jersey, pero pouco a pouco e sen querelo, comeza a relacionarse cos seus poucos veciños.

Premios

  • 2003 Premios BAFTA: Mellor Guión Orixinal
  • 2003 Festival de Sundance: Premio do Público, Mellor Guión, Premio Especial do Xurado
  • 2003 Festival de San Sebastián: Premio Especial do Xurado

Galería de fotos

Ficha Técnica

Título: Vías cruzadas (The station agent)
Duración: 88 min
País: Estados Unidos
Ano: 2003
Xénero: Comedia dramática
Director: Tom McCarthy
Guión: T. McCarthy
Música: Stephen Trask
Fotografía: Oliver Bokelberg
Montaxe: Tom McArdle
Intérpretes: Peter Dinklage, Patricia Clarkson, Bobby Cannavale, Raven Goodwin, Paul Benjamin, Michelle Williams
Produtores: Mary Jane Skalsky, Robert May, Kathryn Tucker
Produción: Miramax, SenArt Films

Trailer

Tom McCarthy

Estudou na Escola de Interpretación da Universidade de Yale. Traballou como actor en teatro, en series de televisión e no cinema, en títulos como 30 Days ou Meet the Parents. The Station Agent foi a súa primeira película. A segunda foi The Visitor, en 2007, coa que gañou o Independent Spirit Award ao mellor director. En 2009 iniciouse como guionista cinematográfico para a película de animación Up. Na actualidade, segue vinculado ao mundo do cinema.