Sinopse
Retrato de cinco personaxes, 24 horas antes dun crime: Karsten e Til (dous adolescentes), Steffi (un sen teito), Günter (o policía) e Heinrich (o dono do bar e testemuña). Baseada en feitos reais, amosa unha cara descoñecida da sociedade alemá.
Premios
- 2008 Festival de Cine de Montreal (Canadá) Premio á Mellor Ópera Prima
- 2008 Festival de Cine de Bérgamo (Italia) Premio Rosa Camuna para Christian Klandt
Galería de fotos
Ficha Técnica
Título: Weltstadt
Duración: 104 min
País: Alemaña
Ano: 2008
Xénero: Drama policíaco
Director: Christian Klandt
Guión: Christian Klandt
Música: David Christiansen, Paul Rischer, Marko Weichler
Fotografía: René Gorski
Montaxe: Jörg Schreyer
Intérpretes: Florian Bartholomäi, Gerdy Zint, Karoline Schuch, Hendrik Arnst
Produtor: Martin Lischke
Produción: Hochschule für Film & Fernsehen ‘Konrad Wolf’, ARTE GEIE
Christian Klandt
Director, guionista e actor alemán. Comezou facendo a película de conto de fadas Schaustein’s Last Film, que fixo xunto cos dez estudantes da universidade. Weltstadt foi a súa ópera prima triunfando en numerosos festivais, entre eles o OUFF. O festival ourensan acollería tamén a estrea en España da súa segunda película Little Thirteen. En 2018, 2019 e 2020 Klandt dirixiu a primeira, segunda e terceira tempadas da serie xuvenil Wir sind Jetzt e recibiu o Premio da Televisión Bávara en 2020 pola primeira tempada.






