10ª edición: ano 2005

12 de novembro - 19 de novembro

Palmarés

Sección Longametraxes

Xurado

  • Carlos Iglesias, Joaquim de Almeida, Uxía Blanco, Emma Lustres, Mando Matji, Juan Padrol

Premiados

  • Calpurnia Mellor Película: Schizo, de Gulshat Omarova (Kazajistán/Rusia/Francia/Alemaña)
  • Premio Carlos Velo Mellor DirecciónNing Hao por Mongolian Ping Pong (China)
  • Premio Especial do Xurado: El arco, de Kim-Ki-Duk (Corea do Sur)
  • Premio Mellor Actor: Jeon Sung-Hwan por El arco de Kim-Ki-Duk (Corea do Sur)
  • Premio Mellor Actriz: Mairead McKinley por Molly’s Way, de Emily Atef (Alemaña)
  • Premio Mellor Fotografía: Mutsuo Naganuma por The Hidden Blade, de Yôji Yamada (Xapón)
  • Premio do Público Mellor Película: Aislados, de David Marqués (España)

Sección Curtametraxes

Xurado

  • Isabelle Stoffel, José Luis García-Pérez, José Luis Montesinos, Luis Urbano

Premiados

  • Premio Mellor Curtametraxe: Milk, de Peter McKie Burns (Reino Unido)
  • Mellor Dirección Ex aequo: Francesc Talavera por Retruc (España). Goran Kapetavonic por En familij (Suecia)
  • Premio Mellor Actor: Rubén Amatllé por Extraviados, de Pau López (España)
  • Premio Mellor Actriz: Isabel Naveira por Te quiero mal, de Mireia Giró (España)
  • Premio do Público: Medianeras, de Gustavo Taretto (Arxentina)
  • Premio Eixo Atlántico Mellor Curtametraxe Galega-Portuguesa:Te quiero mal, de Mireia Giró (España)

Sección Documentais

Xurado

  • Xaime Fandiño, Margarita Ledo, Óscar Plasencia

Premiados

  • Premio Mellor Documental: Der irrational rest, de Thorsten Trimpop (Alemaña)
  • Mención Especial do Xurado: Invierno en Bagdad, de Javier Corcuera (España)

 

Curiosidades

  • O Festival de Cine de Ourense celebrou a súa décima edición, cualificada pola organización como unha das máis completas e transgresoras ata o momento.
  • Recibíronse 600 traballos, dos cales foron seleccionados 80.
  • O Auditorio Municipal de Ourense estreouse como sede coa gala inaugural, presentada polos catro galegos gañadores dun Goya: Luis Tosar, Mabel Rivera, Celso Bugallo e Tamar Novas.
  • O país convidado foi Alemaña, con películas de directores como Hardy Martins, Wim Wenders e Rainer Werner Fassbinder.
  • A actriz Isabel Blanco, delegada de AISGE, anunciou o patrocinio dos Premios a Mellor Actor e Actriz de Curtametraxe.

Galería de fotos