17ª edición: ano 2012
2 novembro - 12 novembro
Palmarés
Sección Longametraxes
Xurado
Emiliano Otegui, Ángel de la Cruz, Dolores Ben, Dominic Lees, Ana Díaz
Premiados
- Calpurnia Mellor Película: Roza, de Wojciech Smarzowski (Polonia)
- Premio Carlos Velo Mellor Dirección: Francisco Baños por Ali (España)
- Premio Especial do Xurado: Historias que só existem quando lembradas, de Julia Murat (Brasil/Arxentina/Francia)
- Premio Mellor Guión: Djordje Milosavljevic por The Enemy (Serbia)
- Mención Especial do Xurado Mellor Actriz: Nadia de Santiago por Ali de Francisco Baños (España)
- Mención Especial do Xurado Mellor Fotografía: Lucio Boneli por Historias que só existem quando lembradas, de Julia Murat (Brasil/Arxentina/Francia)
- Premio do Público Mellor Película: Ali, de Francisco Baños (España)

Curiosidades
- A edición celebrouse a pesar das dificultades económicas tras a saída da Deputación de Ourense do Consorcio e cun tempo de organización moi reducido.
- O equipo de traballo estivo formado por 16 persoas.
- O festival volveu celebrarse en novembro por atrasos na convocatoria.
- Suprimíronse catro seccións competitivas: curtametraxes, animación, novos media e documentais.
- Competiron doce longametraxes, dúas máis ca en edicións anteriores, maioritariamente de países europeos.
- Só houbo unha película española en competición: Ali, de Francisco Baños.
- A carpa do festival trasladouse ao Centro Comercial Ponte Vella; as proxeccións realizáronse exclusivamente nas salas de Cinebox.
- O Auditorio acolleu só as galas de inauguración e clausura, e suprimíronse as proxeccións no Teatro Principal e no Museo Municipal.
- A carteleira centrouse en conflitos persoais, sociais e nas consecuencias das guerras, incluíndo a posguerra nos países da antiga Iugoslavia.
- En total, proxectáronse 45 traballos audiovisuais.







