18ª edición: ano 2013
16 de novembro - 24 de novembro
Palmarés
Sección Longametraxes
Xurado
Belén Macías, Monti Castiñeiras, Manuel Curiel, Ramón Costafreda, Christian Klandt, Goya Toledo
Premiados
- Calpurnia Mellor Película: Paradis Perdu, de Eve Deboise (Francia)
- Premio Carlos Velo Mellor Dirección: Peter Monsaert por Offline (Bélxica)
- Premio Especial do Xurado: El Rayo, de Fran Araújo, Ernesto De Nova (España)
- Premio Mellor Guión: Chen-Hsi Wong por Innocents (Singapur)
- Premio Mellor Interpretación: Pauline Étienne por Paradis Perdu, de Eve Deboise (Francia)
- Mención Especial do Xurado Interpretación: Alfredo Rodríguez por El triste olor de la carne, de Cristóbal Arteaga (España)
- Premio do Público Mellor Película: Offline, de Peter Monsaert (Bélxica)

Curiosidades
- Nora Sola regresou como directora do festival e César Silva asumiu a dirección de programación.
- Recibíronse arredor de 215 películas de 44 países, algúns deles presentes por primeira vez como Kosovo, Singapur ou Guinea-Bissau.
- Do total de traballos, 77 foron producións españolas.
- Olea pediu «unión entre as institucións de distinta cor política para manter vivo o festival de Ourense como sucede en San Sebastián».
- As longametraxes mantivéronse como única categoría na sección competitiva.
- A produción ourensá MIR, de Gonzalo G. Palmeiro, rodada integramente na cidade con elenco local non profesional, pechou a edición.
- No palmarés destacaron tres óperas primas, entre elas a galega El Rayo, de Fran Araújo e Ernesto de Nova, e El triste olor de la carne, que deu recoñecemento ao actor Alfredo Rodríguez.
- As salas de proxección foron o Auditorio, o Teatro Principal e o Centro Cultural Marcos Valcárcel.








