19ª edición: ano 2014

15 de novembro - 23 de novembro

Palmarés

Sección Longametraxes

Xurado

Tony D’Angela, Teresa Fernández-Valdés, Carlos Iglesias, Isabel Blanco, Xavier Villaverde, Moncho Lemos

Premiados

  • Calpurnia Mellor Película: Die Nieuwe Wereld, de Jaap van Heusden (Países Baixos)
  • Premio Carlos Velo Mellor Dirección: Jaap van Heusden por Die Nieuwe Wereld (Países Baixos)
  • Premio Especial do Xurado: Simindis Kundzuli, de George Ovashvili (Georgia)
  • Premio Mellor Guión: Alexandre Powelz, Alexandra Umminger por Ohne Dich (Alemaña)
  • Premio Mellor Interpretación: Nabil Asli por La preuve, de Amor Hakkar (Alxeria/Francia-Emiratos Árabes Unidos)
  • Mención Especial do Xurado Reparto: De nieuwe wereld, de Jaap van Heusden (Países Baixos)
  • Mención Especial do Xurado Actriz: Katja Riemann por Ohne Dich, de Alexandre Powelz (Alemaña)
  • Mención Especial do Xurado Director de Fotografía: Beto Martins por A história da eternidade, de Camilo Cavalcante (Brasil)
  • Premio do Público Mellor Película: Ohne Dich, de Alexandre Powelz (Alemaña)

Curiosidades

  • A estrea mundial de A Esmorga, do ourensán Ignacio Vilar, baseada na novela de Blanco Amor e protagonizada por Miguel de Lira, Antonio Durán «Morris» e Karra Elejalde, inaugurou unha edición marcadamente ourensá.
  • Presentáronse 218 longametraxes procedentes de 70 países, con forte presenza de cinema latinoamericano.
  • Países como Guatemala, República Dominicana, Costa Rica, O Salvador e Paquistán participaron por primeira vez no certame.
  • España foi o país con máis traballos na preselección, con 51 títulos, sete deles relacionados con Galicia.
  • As temáticas destacadas foron a adolescencia, a inmigración, os conflitos bélicos, as relacións familiares e a problemática de parella.
  • A pesar de non contar con sección competitiva, recibíronse tamén 166 curtametraxes e máis dunha trintena de documentais de todo o mundo.

Galería de fotos