20ª edición: ano 2015

14 de novembro - 22 de novembro

Palmarés

Sección Longametraxes

Xurado

Frank Feys, María Vázquez, Araceli Gonda, Alexandre Powelz, Marta Figueras

Premiados

  • Calpurnia Mellor Película: Techo y comida, de Juan Miguel del Castillo (España)
  • Premio Carlos Velo Mellor Dirección: Bernardo Arellano por El comienzo del tiempo (México)
  • Premio Especial do Xurado: Antonio Pérez Carbajal por El comienzo del tiempo, de Bernardo Arellano (México)
  • Premio Mellor Guión: Pablo Bardauil por La vida después (Arxentina)
  • Premio Mellor Interpretación: Marta Belaustegui por La decisión de Julia, de Norberto López Amado (España)
  • Mención Especial do Xurado Interpretación: Hannah Murray por Bridgend, de Jeppe Rønde (Dinamarca)
  • Premio do Público Mellor Película: El comienzo del tiempo, de Bernardo Arellano (México)

Curiosidades

  • Valdeorras protagonizou o primeiro día do festival coa proxección de Lobos Sucios, de Simón Casal, na gala inaugural.
  • A clausura tamén tivo sabor ourensán: Tercer grado, de Geoffrey Cowper, protagonizada pola actriz ourensá Sara Casasnovas.
  • Recibíronse 347 traballos: 222 de ficción, 123 documentais e 2 de animación, procedentes dos cinco continentes.
  • Para a sección oficial seleccionáronse dez longametraxes entre preto de 400 propostas, incluíndo La decisión de Julia, do ourensán Norberto López Amado.
  • Anunciouse a creación, para 2016, dun espazo dedicado ao cineasta Carlos Velo, con sección fixa arredor da súa figura.
  • O director xeral de Cultura da Xunta, Anxo Lorenzo, anunciou un traballo sobre Torero, película de Velo de 1956.
  • Por falta de tempo, non se chegou a poñer en marcha o espazo dedicado a Carlos Velo.
  • Tampouco se puido contar coas salas de cinema do centro comercial Ponte Vella, o que dificultou as proxeccións.

Galería de fotos