21 edición: ano 2016
28 de outubro - 5 de novembro
Palmarés
Sección Longametraxes/ Iberoamericana
Xurado
Miriam Reyes, Luis López Carrasco, Manu Yáñez
Premiados
- Premio Mellor Película: Como me da la Gana II, de Ignacio Agüer (Chile)
- Premio Mellor Dirección: Gustavo Fontán por El limonero Real (Arxentina)
- Premio Mellor Interpretación: Juan Lugo Quebrada, Luna Acosta por Días Extraños, de Juan Sebastián Quebrada (Arxentina)
- Mención Especial do Xurado: Hermia&Helena, de Matías Piñeiro (Arxentina)
Sección Óperas Primas
Xurado
Maialen Beloki Berasategui, Miguel Valverde, Felipe Lage Coro
Premiados
- Premio Mellor Película: Boone, de Christopher Lamarca (Estados Unidos)
- Mención Especial do Xurado: Las Calles, de María Aparicio (Arxentina)
Sección Cineclube
Xurado
María Barreiro Muñoz, Laura Iglesias Campos, Mariana Romero González
Premiados
- Mellor Película Óperas Primas: The Dazzling Light of Sunset, de Salomé Jashi (Georgia)
- Mención Especial do Xurado: Notes On Blindness, de Peter Middleton, James Spinney (Reino Unido/Estados Unidos/Francia)

Curiosidades
- Novo cambio na dirección do festival: Fran Gayo, asturiano, estrea como director artístico e de programación, marcando un novo rumbo no certame.
- A competición queda reducida a dúas seccións: Cinema Iberoamericano e Óperas Primas, con once películas de países como Arxentina, Reino Unido, Francia, Xeorxia, Exipto e Palestina.
- Proxéctanse máis de 73 traballos, con especial protagonismo do cinema galego a través de 17 títulos.
- Os espazos de proxección amplíanse a Xinzo, O Carballiño e Celanova, promovendo a deslocalización do OUFF.
- Os internos do centro penitenciario puideron ver El charro de Toluquilla, do mexicano José Villalobos, en competición iberoamericana.
- Todas as películas en competición son estreas en España.
- Renóvase a imaxe corporativa e a web do festival.
- O OUFF recupera dúas salas dos multicines do centro comercial Ponte Vella e engade a do Cine Club Padre Feijoo, que conta cun xurado propio para premiar a mellor ópera prima.







