23 edición: ano 2018

29 de novembro - 5 de decembro

Palmarés

Sección Longametraxes

Xurado

María Bardem, Virginia Yagüe, Jon Goitia, Eduardo Galán, Laia Marull

Premiados

  • Calpurnia Mellor Película: Mug, de Malgorzata Szumowska (Polonia)
  • Premio Carlos Velo Mellor Dirección: Benedikt Erlingsson por La mujer de la montaña (Francia/Islandia/Ucrania)
  • Premio Especial Xurado: Capharnaüm, de Nadine Labaki (Libano)
  • Mención especial do Xurado: Cría puercos, de Ehécatl García (México).Tódalas mulleres que coñezo, de Xiana do Teixeiro (Galicia)
  • Premio do Público Mellor Película: Capharnaüm, de Nadine Labaki (Libano)
  • Premio Galicia: Memorias de un hombre en pijama, de Carlos Fernández (Galicia)
  • Premio SGAE Mellor Banda Sonora: Kepa Junquera por Mar e Terra, de José Antonio Blanco(España)

Sección Curtametraxes

Xurado

Manane Rodríguez, Marta Pérez, Manel Rodríguez, Clara Coira, Jonny Wolfmor

Premiados

  • Primeiro premio: The Widow, de Noelia M. Muiño (Galicia)
  • Segundo premio: Cando mamá pechou as caixas, de Arancha A. Brandón (Galicia)
  • Mención Especial: Mariñeiro, de Juan Galiñares (Galicia)
  • Premio AISGE Mellor Actor: Xosé Eirín por Limbo, de Dani Viqueira (Galicia)
  • Premio AISGE Mellor Actriz: Rosalía Castro por Mouras!, de Olga Osorio (Galicia)
  • Premio do Público: Feminazi, de Diana López (Galicia)

Curiosidades

  • O festival estivo a piques de desaparecer, pero celebrouse in extremis nunha edición moi complicada.
  • A Fundación Carlos Velo asumiu a dirección artística mediante un protocolo de colaboración coa Deputación de Ourense.
  • Miguel Anxo Fernández foi coordinador artístico e Aurelio Gómez Villar, coordinador técnico pola Deputación.
  • Por primeira vez na súa historia, o festival celebrouse o 29 de novembro por falta de tempo.
  • A sección competitiva recuperou as dúas categorías tradicionais: longametraxes (dez filmes de nove países) e OUFF en Curto (24 traballos galegos).
  • As curtos presentáronse en tres bloques: dous de ficción e un de documental/experimental.
  • Por primeira vez, competiu unha película de animación: Memorias de un hombre en pijama, de Carlos F. de Vigo, gañadora do Premio Galicia concedido pola Xunta.
  • Esta edición, cualificada como «de emerxencia», estreou novo logotipo e imaxe corporativa.

Galería de fotos