24 edición: ano 2019
27 de setembro - 5 de outubro
Palmarés
Sección Longametraxes
Xurado
Laura Gárdos, Nieve de Medina, Miguel Barros, Pilar Revuelta, Isabel Blanco
Premiados
- Calpurnia Mellor Película: Parásitos, de Bong Joon-Ho (Corea do Sur)
- Premio Carlos Velo Mellor Dirección: Alejandro Landes por Monos (Colombia)
- Premio Especial Xurado: O que arde, de Oliver Laxe (España)
- Mención Especial do Xurado: Chicuarotes, de Gael García Bernal (México)
- Premio Mellor Guión: Bong Joon-Ho por Parásitos (Corea do Sur)
- Premio Mellor Interpretación: Julian Nicholson por Monos, de Alejandro Landes (Colombia)
- Premio Galicia: O que arde, de Oliver Laxe (España)
- Premio Mellor Banda Sonora: Aute retrato, de Gaizka Urresti (España)
- Premio CIMA á Mellor Cineasta: Marlén Viñayo por Cachada (El Salvador)
- Premio do Público Mellor Película: La odisea de los giles, de Sebastián Borensztein (Arxentina)
Sección Curtametraxes
Xurado
Matías Tarrío, Sabela Hermida, Marta Porto
Premiados
- Premio Mellor Curtametraxe: Soy una tumba, de Khris Cembe (Galicia)
- Segundo premio: De repente, la noche, de Ignacio de Vicente, Cristina Bodelón (España)
- Premio Mellor Actriz: Marta Nieto por De repente, la noche, de Ignacio de Vicente, Cristina Bodelón (Galicia)
- Premio Mellor Actor: Jaime Elías (Galicia)
- Premio do Público: Subway, de Carlos García de Dios (Galicia)
- Premio Mellor Videoclip: De bruma e salitre, de Xaime Miranda (Galicia)

Curiosidades
- A edición arrancou baixo o hashtag #EuSonDoOuff e estreouse no mes de setembro por primeira vez.
- Presentáronse máis de 500 traballos á Sección Oficial, dos que se elixiron quince, tres deles fóra de concurso.
- Foi definida como a edición con maior representación española da historia, con seis longametraxes.
- Acolleuse a terceira película de Oliver Laxe, O que arde, gañadora do premio do xurado en Cannes.
- Participaron traballos de 14 nacionalidades, incluíndo por primeira vez unha película de O Salvador: Cachada: The Opportunity, de Marlén Viñayo, único documental en competición.
- Recuperouse a categoría de Mellor Guión no palmarés, desaparecida desde 2015.
- A dotación do premio Calpurnia á Mellor Película aumentou de 5.000 a 18.000 euros.
- Como novidade, o OUFF en Curto incorporou unha sección competitiva de videoclips, que só durou unha edición.









