25 edición: ano 2020

25 de setembro - 3 de outubro

Palmarés

Sección Longametraxes

Xurado

Inés París, Carlos Blanco, Eva Gancedo, Marta Blasco

Premiados

  • Calpurnia Mellor Película: Deux, de Filippo Meneghetti (Francia)
  • Premio Carlos Velo Mellor Dirección: Jan Komasa por Corpus Christi (Polonia)
  • Premio Especial Xurado: Maite Alberdi por El agente topo (Chile)
  • Premio Mellor Guión: William Nicholson por Regreso a Hope Gap (Reino Unido)
  • Premio Mellor Interpretación: Barbara Sukowa por Deux, de Filippo Meneghetti (Francia)
  • Mención Especial do Xurado: Cartas Mojadas, de Paula Palacios (España)
  • Premio CIMA á mellor cineasta: Directora: Paula Palacios por Cartas Mojadas (España)
  • Premio do Público Mellor Película: Cartas Mojadas, de Paula Palacios (España)
  • Premio Xacobeo: Paula Cons por A illa das mentiras (Galicia)
  • Premio Especial OUFF 25 Aniversario: Spitsbergen, o gardián do Ártico, de Ignacio Benedeti.

Sección Curtametraxes

Xurado

Simone Saibane, José Aragunde, Aída Cobas

Premiados

  • Premio Mellor Curtametraxe: To the sea, de Julian Grünthal (Suiza)
  • Segundo premio: La penumbra, de Daniel Viqueira (España)
  • Premio Mellor Actriz: Lidia Veiga por Onde dormen as gaivotas, de Dani Cornes (Galicia)
  • Premio Mellor Actor: Denís Gómez por Mentres iso pasa, de Nacho Ozores (Galicia)
  • Mención Especial: Los que no sienten, de Marta Porto (Galicia)

Curiosidades

  • A edición número 25 celebrouse a pesar da incerteza provocada pola covid, cumprindo todas as restricións legais de aforo.
  • Presentáronse preto de 400 películas de ata 60 países; competiron dez longametraxes e 15 curtametraxes, coordinadas por Miguel Grandío e Laura Guizán.
  • A inauguración foi coa estrea mundial de Olvido y León, de Xavier Bermúdez, precedida pola curta Amanezca, da ourensá Lucía Álvarez.
  • A clausura contou con Luarada, de Óscar Doviso, sobre o home-lobo Romasanta, e a curta Non me espera ningúen, de Amanda Ortega Suárez.
  • Participaron por primeira vez países como Mauritania, Moldavia, Andorra e Illas Reunión, esta última cun documental etnográfico.
  • España foi o país con maior participación, seguida de Arxentina e Rusia.
  • O festival incorporou o Premio CIMA á mellor directora, da Asociación de Mulleres Cineastas e de Medios Audiovisuais.
  • O Premio Galicia pasou a denominarse Premio Xacobeo.
  • Repartíronse un total de 45.000 euros en premios.

Galería de fotos