27 edición: ano 2022

23 de setembro - 1 de outubro

Palmarés

Sección Longametraxes

Xurado

Alfonso Zarauza, Marta Villar, Belén Macías, Frank Spano, David Bonneville

Premiados

  • Calpurnia Mellor Película: Restos do vento, de Tiago Guedes (Portugal)
  • Premio Carlos Velo Mellor Dirección: Radivoje Andric por How I Learned to Fly (Bosnia)
  • Premio Especial Xurado: El agua, de Elena López Riera (España)
  • Premio Mellor Guión: Jean-Pierre y Luc Dardenne por Tori y Lokita (Bélxica)
  • Premio Mellor Interpretación: Arawinda Kirana por Yuni de Kamila Andini (Indonesia)
  • Premio CIMA Mellor Cineasta: Directora. Gisela G. Ramos por Perfume de gardenias (Puerto Rico)
  • Premio Público Mellor Película: O home e o can, de Ángel de la Cruz (Galicia)
  • Premio Xacobeo: La manzana de Oro, de Jaime Chávarri (España)

Sección Curtametraxes

Xurado

Noemí Chantada, Laura Doval, Lidia Vega

Premiados

  • Premio Mellor Curtametraxe Ficción: Sauerdogs, de Guillermo de Oliveira
  • Mención Especial do Xurado: Así vendrá la noche, de Ángel Santos
  • Premio Mellor Curtametraxe Documental: O que queda, de Alejandro Rodríguez
  • Mención Especial do Xurado: Adriana Páramo por Anatomía dunha serea
  • Premio Mellor Actor AISGE: Sergio Baleirón por Rompente, de Eloy Domínguez
  • Premio Mellor Actriz AISGE: Violeta Gil por Así vendrá la noche, de Ángel Santos
  • Premio do Público: La entrega, de Pedro Díaz

Curiosidades

  • O festival abriu e pechou con estreas de películas rodadas en Ourense: O home e o can, de Ángel de la Cruz, e La manzana de oro, de Jaime Chávarri.
  • Os espectadores puideron escoller entre 87 longametraxes e curtametraxes procedentes de 26 países.
  • A organización cualificou esta como «a edición máis ourensá do OUFF» polo elevado número de traballos rodados na provincia co apoio da Deputación.
    Segundo datos oficiais, «unha de cada catro películas exhibidas gravouse na provincia».
  • Exhibíronse unha vintena de traballos relacionados con Ourense e 40 de cineastas galegos.
  • A sección competitiva contou con doce longametraxes e quince curtametraxes.
  • A edición marcou un récord histórico de asistencia en salas de proxección, con 9.087 espectadores.

Galería de fotos