28 edición: ano 2023
29 de setembro - 8 de outubro
Palmarés
Sección Longametraxes
Xurado
Estrella Araiza, Almudena Carracedo, Inés Branco, Isabel Blanco
Premiados
- Calpurnia Mellor Película: Fallen Leaves, de Aki Kaurismaki (Finlandia/Alemaña)
- Premio Carlos Velo MellorDirección: Maite Alberdi por La memoria infinita (Chile)
- Premio Especial Xurado: La memoria infinita, de Maite Alberdi (Chile)
- Premio Mellor Guión: Erica Tremblay e Miciana Alise por Fancy Dance (Estados Unidos)
- Mención Especial Guión: Celine Song por Past Lives (Estados Unidos/Corea do Sur)
- Premio Mellor Interpretación: Lily Gladstone por Fancy Dance, de Erica Tremblay (Estados Unidos)
- Mención Especial: Lío Mehiel por Mutt, de Vuk Lungulov-Klotz (Estados Unidos)
- Mención MellorFotografía: Ernesto Pardo por El Eco, de Tatiana Huezo (México/Alemaña)
- Premio Público Mellor Película: Honeymoon, de Enrique Otero (España)
Panorama Galicia
Xurado
Ángel de la Cruz, Conchi Iglesias, Estíbaliz Veiga
Premiados
- Premio Mellor Película: O Corno, de Jaione Camborda (Galicia/Portugal/Bélxica)
- Premio Mellor Dirección: Jaione Camborda por O Corno (Galicia/Portugal/Bélxica)
- Premio Mellor Guión: Xavier Villaverde por María Casares: A muller que viviu mil vidas (Galicia/Portugal)
- Premio Mellor Interpretación: Nathalie Poza por Honeymoon, de Enrique Otero (España)
- Mención Especial Xurado: Florencio na terra, de Domingo D. Docampo (Galicia)
Sección Curtametraxes
Xurado
Ledicia Bellón, Mamen Casal, Adriana Páramo
Premiados
- Mellor Curta Documental: Hondarrak, de Paula Iglesias, Marta Gómez
- Premio Mellor Curta Ficción: Sandwich Cat, de David Fidalgo
- Mención Especial do Xurado: Tan so o demo lembra, de Daniel Iglesias. De(s)amor, de Alba Pino.
- Premio do Público: A rabia, de Alberto Díaz López

Curiosidades
- A película de animación El sueño de la sultana, da directora vasca Isabel Herguera e de coprodución galega, pechou a gala de inauguración.
- Adriana Domínguez, presidenta da Fundación Adolfo Domínguez, presentou un avance do documental sobre o deseñador ourensán.
- A clausura contou coa película Mi otro Jon, de Paco Arango, cinta benéfica para a Fundación Aladina.
- Presentáronse máis de 300 traballos de 60 países.
- Na competición oficial proxectáronse doce películas, incluíndo Honeymoon, de Enrique Otero, rodada en parte en Ourense.
- Panorama Galicia estreouse como sección competitiva con dez longametraxes.
- O OUFF en Curto contou con 15 curtametraxes.
- A oferta total para os espectadores foi de 72 películas de 18 países.







