5ª edición: ano 2000
4 de novembro - 10 de novembro
Palmarés
Sección Longametraxes
Xurado
Pilar Sueiro, Sonia Castelo, Manuel Palacios, José Ramón Rey, Domingo Solano
Premiados
- Premio Calpurnia Mellor Película: Río escondido, de Mercedes García Guevara (Arxentina).
- Mención Especial do Xurado: Reparto de Maestros, de Óscar del Caz (España).
- Calpurnia Mellor Novo Director Europeo: Thierry Boscheren por Sur un air d’autoroute (Francia).
- Premio AEC Mellor Fotografía: Hagen Bogdanski por No Place to Go, de Oskar Roehler (Alemaña).
- Calpurnia do Público: The Day Neil Armstrong Walked on the Moon, de Michael J. Rivette (Australia).
Sección Curtametraxes
Xurado
Miguel Dias, Miguel Castelo, María Rubín, Tinieblas González
Premiados
- Calpurnia do Xurado: Gelée Précoce, de Pierre Pinaud (Francia)
- Mención Especial do Xurado: HLA Identique, de Thomas Briat (Francia)
- Premio Canal Plus do Público: 15 días, de Rodrigo Cortés (España)
- Premio Eixo Atlántico: Respirar debajo del agua, de António Ferreira (Portugal/Alemaña)

Curiosidades
- Mantense na xerencia Beatriz Fernández Anguiano e introdúcese a figura de director do festival con César Silva.
- O palmarés cambia de novo: substúese o Premio Mellor Película Europea por Mellor Novo Director Europeo, e o Premio do Público de Curtametraxes será Premio Canal Plus do Público, resultado do apoio da canle ao certame ourensán.
- O festival é membro da Coordinadora Europea de Festivais de Cine, un grupo europeo de interese económico, formado por 160 festivais de diferentes formatos, que ten como obxectivo promocionar o cine europeo.
- Nesta edición competiron dez longametraxes, 24 curtas e sete traballos na Sección Eixo Atlántico.
- Inscribíronse 125 curtas e case 50 longametraxes.
- Presentouse a páxina web do festival que buscaba facilitar a conexión entre o certame e os afeccionados.





