1ª edición: ano 1996

14 novembro - 10 novembro

Palmarés

Xurado

Krzysztof Zanussi, Antón Reixa, Luis Álvarez Pousa, Paulina Gálvez,Adolfo Domínguez

Premiados

Premios honoríficos

  • Krzysztof Pius Zanussi, director polaco.
  • Antonio Román, director ourensán.
  • Antonio Blanco, guionista galego

Longametraxes

  • Gran Premio do Festival: Camping Cosmos
  • Mellor Película Europea: Vörös Colibri
  • Mellor Dirección: Óscar Blancarte
  • Premio do Público : Benjamín Dúfa

Curtametraxes

  • Mellor Curtametraxe: O Matachín

Documentais

  • Mellor Documental: Memorien einer frustrierten hedonistin

Curiosidades

  • O nome inicial, OFF,  facía referencia ao termo en inglés «estar apagado», «fóra de», neste caso dos circuítos e do cine comercial.
  • A primeira edición comezaba baixo a dirección de Eloy Gonzalo, quen proporcionaba unha mirada experta e comprometida co cine, sobre todo co galego, e baixo a organización do Concello de Ourense.
  • Esta primeira edición estreouse cunha composición musical propia: As chispas da terra, obra do ourensán Alberto Conde e con letra do poeta vigués Javier Arce.
  • Competiron 19 longametraxes, cinco documentais e 34 curtametraxes e proxectáronse máis de cen películas de 35 países non estreadas en España, salvo os ciclos retrospectivos. Ata as oficinas do Festival chegaron 150 longametraxes e 300 curtas en formato vídeo.

Galería de fotos