2ª edición: ano 1997
16 de novembro - 22 de novembro
Palmarés
Sección Longametraxes
Xurado
Juan Carlos Tabío, José Antonio Coira, Miguel Anxo Murado, José Luis Castro de Paz, Rafael Casenave
Premiados
- Calpurnia Mellor Película: Tren de sombras, de José Luis Guerín (España).
- Calpurnia do público á Mellor Película: Decaf, de Greg Huson (Estados Unidos/USA).

Curiosidades
- Eloy Lozano abandona a dirección do festival debido a un desencontro con Manuel Cabezas, alcalde da cidade neses anos.
- Este ano nace a Calpurnia, unha escultura realizada polo escultor Manuel Buciños, e tamén se presentou o premio Calpurnia de Honra
- O cambio de dirección conlevou a rebaixar a sección competitiva: os seis premios quedaron reducidos a dous e só houbo unha categoría, a de longametraxes. Entregouse a Calpurnia a Mellor Película e a Calpurnia do Público Mellor Película.
- Proxectáronse 15 traballos, entre eles tres españois, elixidos entre máis de cen, chegados de 36 países.
- José Luis Cuerda foi un dos dous elixidos para estrear a Calpurnia de Honra pola súa vinculación con Galicia a través dos seus traballos. A outra Calpurnia honorífica estivo dedicada ao actor galego Antonio Casal.





