30 edición: ano 2025
26 de setembro - 5 de outubro
Palmarés
Sección Longametraxes
Xurado
Filippo Meneghetti, Sylvie Imbert, Germán Alcarazu, Javier Alvariño, Sol Carnicero
Premiados
- Calpurnia Mellor Película: Sandbag Dam, de Čejen Černić Čanak (Croacia)
- Premio Carlos Velo Mellor Dirección: Cris Tapia Marchiori por Gatillero (Arxentina)
- Premio Mellor Guión: Maja Todorovic, Vladimir Subotic por Utopolis (Grecia)
- Premio Mellor Interpretación: Frank Dillane por Urchin (Reino Unido)
- Premio Especial Xurado: Utopolis, de Vladimir Subotic (Grecia)
- Mención Especial do Xurado: Lav Novosel por Sandbag Dam (Croacia)
- Premio Público Mellor Película: Io e il Secco, de Gianluca Santoni (Italia)
CIMA
Xurado
Nati Juncal, Alicia Francés, Anxo Fazáns
Premiados
- Premio Cima á Mellor Cineasta: Nayra Ilic por Cuerpo Celeste (Chile-Italia)
Sección Panorama Galicia
Xurado
Norberto López Amado, Nora Sola, Xosé M. Barreira
Premiados
- Calpurnia Mellor Película: San Simón, de Miguel Ángel Delgado
- Premio Galicia Calidade Mellor Dirección: Antón Caeiro por Lola
- Premio Mellor Guión: Lucía Dapena e Liliana Díaz por O Silencio Herdado
- Mención Especial do Xurado: O meu nome é Camba, de Aser Álvarez y Rapa, xente ao monte, de Alejandro Enriquez
- Premio Público Mellor Película: Te separas mucho, de Paula Veleiro
- Premio AISGE Mellor Interpretación: Lucía Veiga por Mi Ilustrísimo amigo, de Paula Cons.
- Mención especial AISGE: Ana Oca por Mi Ilustrísimo amigo, de Paula Cons.
Sección Curtametraxes
Xurado
María Costas, Severiano Casalderrey, Nanda Tasende
Premiados
- Premio á Mellor Curtametraxe Galega: Hippocampus, de Xaime Miranda
- Premio á Mellor Curtametraxe Internacional: And That’s for This Christmas, de Peter Vulchev (Bulgaria)
- Mención Especial do Xurado: Boca de asno, de Carlos Calvar (Galicia)

Curiosidades
- O festival chegou á súa trinta edición cun novo cambio na dirección: a asociación cultural Luarada asumiu a organización, con Óscar Doviso como director artístico e Marcos Vázquez como director técnico, en colaboración coa Deputación de Ourense.
- Renovouse completamente a imaxe corporativa do certame, deseñada por Blau Estudio (Miguelanxo Carvalho), buscando «dotar o festival dunha identidade á súa altura».
- A tradicional Calpurnia renovou o seu deseño da man do escultor ourensán Manuel Buciños.
- Recibíronse 479 longametraxes e 953 curtametraxes de 89 países. Estreáronse países como Cidade do Vaticano e Nepal.
- Seleccionáronse doce longametraxes para a competición internacional (dúas estreas mundiais), dez para Panorama Galicia e 22 curtametraxes, ampliando a participación a traballos de fóra de Galicia.
- O festival contou cun tema musical propio, composto por Jose Manuel Cancela, gañador de 5 premios Emmy polo seu traballo en cine e televisión nos Estados Unidos.










