Descubre como é o festival por dentro

Se tes máis de 18 anos e che gusta o cine, no OUFF · Ourense Film Festival terás a oportunidade de vivir unha experiencia cinematográfica única. A través do programa de voluntariado poderás formar parte da 31ª edición (do 25 de setembro ao 4 de outubro) e vivir o festival desde dentro.

Poderás coñecer ás artistas e aos artistas que nos visitan para presentar os seus proxectos, asistir ás entregas de premios e ás galas de inauguración e clausura, ver as proxeccións e participar en actividades especiais. Serás unha parte indispensable do festival.

Só che pedimos que veñas con ganas de participar e de implicarte co resto do equipo para facer o mellor OUFF posible. Xuntos, compartiremos uns días cheos do mellor cine.

► Cubre este formulario cos teus datos persoais e intereses e porémonos en contacto contigo. Tes ata o 12 de setembro para enviar a túa candidatura. Agardámoste!

Voluntaria OUFF