Sinopse
Dous irmáns galegos na trintena, Mafalda e Diego, despois de moitos anos sen contacto coa avoa Pilar por discordias acontecidas na familia após a morte do pai deles, reciben como herdanza a casa rural en que a avoa moraba no norte de Portugal e tamén un diñeiro, mais cun desafío sorprendente: eses cartos deben ser destinados a contar unha historia que perpetúe a memoria familiar, unha vez que Mafalda, como a avoa, foi sempre unha grande contadora de historias. Na tentativa de responder a ese desafío, os irmáns múdanse para a casa, na zona de Ponte de Lima, e alí van encontrar o vínculo co que significaba o amor da avoa. Deberán redescubrir quen eles son e o que queren facer co seu desexo, a súa vida e o seu futuro. Serán capaces?
Tráiler
Ficha técnica
Dirección Raul Veiga
Guión Raul Veiga
Fotografía Juan Carlos Gómez
Montaxe Guillermo Represa, Pedro M. Afonso
Música Paulo Pires
Dirección de produción Marta Lima
Dirección de arte Jorge Lourenço
Vestiario Ana Isabel Nogueira
Intérpretes Francisca Sobrinho, Tiago Araújo, Xosé Barato, Antonio Capelo, João Cardoso, María Barcala, Artur Trillo, Isabel Vallejo, Elena Seijo
Produción Produções da Avó
Distribución Baños Films
Raul Veiga

Director e guionista de cinema. Deuse a coñecer escribindo o célebre vídeo Veneno puro (1984) e pasou á pantalla grande co guión da longametraxe Continental (1989). Dedicouse a dirixir os seus propios guións a partir de A metade da vida (1994), única longametraxe rodada en galego e con actores galegos nos papeis protagonistas durante os anos 90. Arde amor (1999) foi a súa segunda longametraxe e mereceu múltiplos premios, dous deles en festivais dos USA. Practicou a crítica cinematográfica, a análise de filmes –da cal resultou o libro Esta noite no cinema, 2005– e foi membro do xurado en festivais internacionais. En 2014 escribiu e realizou a longametraxe El médico atento / O médico certo. Tamén é autor do guión do telefilme Contou Rosalía (2018). A súa última longametraxe é A avoa e o amor.
Filmografía destacada
2026 A avoa e o amor
2014 El médico atento / O médico certo
1999 Arde amor
1994 A metade da vida (2017, versión final)





