Sinopse
Os primeiros meses de vida da miña avoa adquiren unha relevancia da que nunca, en 86 anos de vida, foi plenamente consciente. A miña avoa entra na cadea, coa súa nai e o seu pai, sendo un bebé de apenas seis meses. Unha realidade silenciada pola guerra, a postguerra e os case 40 anos de ditadura no estado español, emerxe para crebar os silencios. Achégome a o vello cárcere, onde todo comeza e onde toma camiños paralelos aos doutras mulleres marcadas polos silencios nas súas familias. O balbordo da (pos)guerra e da ditadura, convertido en silencio. Na procura da(s) memoria(s) perdida(s), atopámolas interrelacionadas pola Historia e polas historias. Que a memoria substitúa a Historia é perigoso. Que a Historia silencie as historias, tamén.
Ficha Técnica
Dirección Carmen P. Granxeiro
Guión Carmen P. Granxeiro
Fotografía Carmen P. Granxeiro
Montaxe Carmen P. Graxeiro
Música Habelas Hainas
Produtora executiva Carmen P. Granxeiro
Interveñen Ana Real Castelo, Chus Navarro Otero, Charo López, Dolores Vieiro Núñez, Marieta Pérez Sanz, María Jesús Souto, Nuria López
Produción Carmen P. Granxeiro
Distribución Carmen P. Granxeiro (Creative Commons 3.0)
Tráiler
Carmen P. Granxeiro

Directora, guionista e escritora, actualmente compaxina o persoal, o activista e o artístico. traballando ficcións e documentais a partes iguais. No ámbito do documental, con Benvidas ao club (2019) conseguiu no Festival de Málaga a Biznaga de Plata, “afirmando los derechos de las mujeres”. Tamén participou na sección oficial do Festival Alcances de Cádiz con Un día normal (2020), e na sección Panorama Galicia do Ourense Film Festival (OUFF) con Persoas S.A. (2021). En 2025 acada o Premio Xohana Torres de Audiovisual por Escenas dun consenso (2024). Ademáis de formar parte de exposicións e experiencias artísticas e sociais colectivas, recibiu premios polas súas creacións de videoarte e foille concedido o II Premio Literario Pinto e Maragota pola novela Estranxeiras (Xerais, 2022).
Filmografía destacada
2025 Alén dos silencios
2024 Escenas dun consenso
2022 Nun tempo de horta
2021 Personas S.A.
2020 Un día normal
2019 Benvidas ao club





