Sinopse
Galicia, anos 50. Terra e tempo de pobres onde mandan os homes. Concha e a súa amiga Ramona van ao río lavar o polbo cando aínda é de noite mentres os maridos dormen. Na romaría, as polbeiras cortan a cen ventosas por segundo. Concha ten un problema e está soa, pero a axuda das súas compañeiras fará que busque evitar que se repita.
Ficha Técnica
Duración: 14 min
País: Galicia
Ano: 2025
Dirección: Silvia Cachafeiro
Xénero: Ficción





