Sinopse
No máis baixo dos baixos fondos literarios, esquecidos, malviven os nosos diarios de adolescencia. O documental Crías constrúe un arquivo con estes escritos invisibles, imaxina xeitos de dialogar con el e recolle a súa destrución. Un filme-zine feminista que alquimiza as vergoñas privados a través de discursos comunais, á vez que se reconcilia co proceso de escritura e reescritura da vida, o labor diarística e o traballo creativo. A película atravesa o lodo do ridículo, buscando os espazos onde a escritura e a vida entrelázanse, o escribir e o destruír o escrito sucédense, e a posibilidade de realizar unha película-arquivo é asaltada pola imposibilidade de pechar un traballo creativo en continua revisión ao cabo dos anos. Vivimos contándonos.
Premios
- 2026 Festival Play-doc (España): Mellor longametraxe galega
Ficha Técnica
Dirección Xiana do Teixeiro
Guión / Guion Xiana do Teixeiro
Fotografía Xiana do Teixeiro, Lucía C. Pan, Alicia Francés
Montaxe/Montaje Xiana do Teixeiro
Música 41V1L
Deseño de produción / Diseño de producción Xiana do Teixeiro
Sonido Amanda Villavieja, Lucía Herrera, Area Ferreira, Alba Pego
Interveñen / Intervienen Begoña Méndez, Gelen Jeleton, Marta Nieto, Tania Berta Judith, Xiana do Teixeiro
Produción / Producción Animala, Xiana do Teixeiro
Distribución Animala
Xiana do Teixeiro

Directora de cine, guionista, produtora de cine, directora de fotografía e música. Licenciada en xornalismo na Universidade de Southampton. En Barcelona doutórase en comunicación audiovisual na súa Universidade Autónoma. Fundou con Emilio Fonseca a produtora Walkie Talkie Films (Barcelona, 2008) vinculada o cine documental autoral e ao vídeo experimental. En 2024 foi tamén cofundadora da produtora Animala. En 2015 presenta Carretera de una sola direción sobre o protíbulo de estrada como non-lugar e fenómeno invisible abandonado pola sociedade. O proxecto, que marcou un punto de inflexión na carreira da cineasta, logrou o premio Proxecto X Films do Festival Punto de Vista 2015. En 2018 estrea Tódalas mulleres que coñezo, o seu primeiro longo, premiado no OUFF · Ourense Film Festival.
Filmografía destacada
2026 Crías
2018 Tódalas mulleres que coñezo
2015 Carretera de una sola dirección





