Fjord

CRISTIAN MUNGIU / Romanía / 2026 / Ficción / 146 min

Pases

Sábado 26/09 – 22:00 h
Galicine (CC Ponte Vella)

Luns 28/09 – 19:30h
Galicine (CC Ponte Vella)

Mércores 30/09 – 17:00h
Galicine (CC Ponte Vella)

Venres 2/10 – 22:00h
Galicine (CC Ponte Vella)

Sinopse

Os Gheorghiu, unha parella romanesa-norueguesa moi relixiosa, instálanse nunha aldea nun fiorde remoto onde desenvolven unha estreita relación cos seus veciños, os Halberg. Os seus fillos fanse amigos a pesar das súas diferentes crianzas. Cando a súa filla adolescente, Elia Gheorghiu, aparece na escola con mazaduras, a comunidade pregúntase se a crianza tradicional que os pais lles dan aos seus fillos terá algo que ver con iso.

Premios

2026 Festival de Cannes (Francia) Palma de Ouro

Ficha Técnica

Dirección Cristian Mungiu

Guión Cristian Mungiu

Fotografía Tudor Vladimir Panduru

Montaxe Mircea Olteanu

Música Kaspar Kaae

Deseño de produción Marius Winje Brustad

Vestiario Kirsi Gum

Intérpretes Sebastian Stan, Renate Reinsve, Lisa Loven Kongsli

Produción Cristian Mungiu, Dyveke Bjørkly Graver, Andrea Berentsen Ottmar

Distribución Caramel

Tráiler

Cristian Mungiu

Romanía, 1968

Nado en Iași, Romanía, en 1968, Cristian Mungiu comezou a súa carreira como escritor, xornalista, fotógrafo e profesor antes de dedicarse ao cine. A súa primeira longametraxe, Occident, estreouse na Quincena de Realizadores de Cannes no 2002 con grande éxito. 4 luni, 3 săptămâni și 2 zile gañou a Palma de Ouro en Cannes no 2007. Volveu ao festival no 2009 como guionista, produtor e codirector da película antolóxica Tales from the Golden age, e como guionista e director no 2012 con Beyond the Hills, que gañou premios ao mellor guión e á mellor actriz. R.M.N. estreouse na selección oficial de Cannes no 2022. Bacalaureat valeulle o premio ao mellor director en Cannes no 2016. Con Fjord, a súa sétima longametraxe, gañou a súa segunda Palma de Ouro.

Filmografía destacada
2026 Fjord
2022 R.M.N.
2016 Los exámenes
2012 Más allá de las colinas
2009 Amintiri din época de aur
2007 4 meses, 3 semanas y 2 días
2005 Perdido y encontrado
2002 Occidente