Sinopse
Na procura de inspiración para a súa nova novela, Sylvie espía os seus veciños de enfronte. Cando contrata o mozo Adam para que a axude coa súa rutina diaria, non imaxina que el vai pór a súa vida e a súa obra coas patas para arriba, ata que a ficción que imaxinara supera a realidade de todos eles.
Premios
2026 Festival de Cannes (Francia) Candidata á Palma de Ouro
Ficha Técnica
Dirección Asghar Farhadi
Guión Asghar Farhadi, Saeed Farhardi
Fotografía Guillaume Deffontaines
Montaxe Hayedeh Safiyari
Música Zbigniew Preisner
Deseño de produción Enmanuelle Duplay
Vestiario Khadija Zeggaï
Intérpretes Isabelle Huppert, Virginia Efira, Vincent Cassel, Pierre Niney, Catherine Deneuve
Produción Gaëtan David, Asghar Farhadi
Distribución Avalón
Tráiler
Asghard Farhadi

Irán, 1972
Director de cine, guionista e produtor iraniano. Aos 15 anos, uniuse á Sociedade de Cine Xuvenil de Irán. Graduouse en Dirección de Teatro e Cine pola Universidade de Teherán no 1998. Dirixiu series de televisión de grande éxito no seu país antes de dar o salto ás longametraxes. A súa primeira longametraxe foi Raghs dar ghobar. A fama internacional chegoulle con títulos como Dar bāre-ye Elly (2009) ou Nader e Simin, una separación (2011), esta última valeulle o seu primeiro Óscar á Mellor Película en Lingua Estranxeira. Gañou o premio de novo con O viaxante (Forushande, 2016). Tamén dirixiu películas moi eloxiadas como Todos lo saben (2018), rodada en España, e Ghahreman. Está considerado un dos cineastas máis influentes do século XXI grazas ás súas historias sobre conflitos morais e familiares.
Filmografía destacada
2026 Historias paralelas
2021 Un héroe
2018 Todos lo saben
2016 El viajante
2013 El pasado
2011 Nader y Simin, una separación
2009 A propósito de Elly
2006 Fireworks wednesday
2004 Beautiful city
2003 Dancing in the dust





