Sinopse
Irene, de quince anos, vive nun centro para menores infractores e queda embarazada. Javier, un dos educadores, ofrécelle vivir con el e mais a súa muller Adela nunha casa illada da serra a cambio de entregarlles o bebé. Pero o vencello que Irene comeza a sentir coa criatura pon en perigo o pacto.
Premios
2022 Premios Carmen da Academia de Cine de Andalucía Mellor película, dirección e guión
2021 Premios Goya Nomeada a mellor director e mellor actor (Javier Gutiérrez)
2021 Premios Feroz Nomeada a mellor música
Ficha Técnica
Dirección Manuel Martín Cuenca
Guión Martín Cuenca, Alejandro Hernández
Historia Félix Vidal
Fotografía Marc Gómez del Moral
Montaxe Ángel Hernández Zoido
Música Guille Galván, Juan Manuel Latorre
Deseño de produción Montse Sanz
Vestiario Krishna Soto Moreno
Intérpretes Javier Gutiérrez, Patricia López Arnaiz, Irene Virgüez
Produtores José Sánchez‑Montes, Manuel Martín Cuenca, La Loma Blanca PC, Mod Producciones, Movistar Plus+, RTVE, ICAA, Canal Sur
Distribución Caramel Films
Tráiler
Manuel Martín Cuenca
Almería (España), 1964
Iniciou a súa carreira nos anos 90 como asistente de dirección e documentalista. Debutou en longametraxe con La flaqueza del bolchevique (2003) e consolidouse con títulos como Malas temporadas, Caníbal, El autor e La hija, presentes en diversos festivais internacionais. No 2018 gañou o Goya ao Mellor Guión Adaptado por El autor.





