Nuda propiedad

ALBERTO UTRERA / España / 2026 / Ficción / 95 min

Pases

Domingo 27/09 – 17:00 h
Galicine (CC Ponte Vella)

Martes 29/09 – 19:30h
Galicine (CC Ponte Vella)

Mércores 30/09 – 22:00h
Galicine (CC Ponte Vella)

Xoves 01/10 – 17:00h
Galicine (CC Ponte Vella)

Sinopse

Vera e Lucas, unha parella de corentóns frustrados, atopan un enorme apartamento á metade de prezo grazas á «nuda propiedade». Cómprano agora, pero Jesús, o ancián propietario, seguirá vivindo alí ata a súa morte. O que semellaba unha solución milagrosa convértese axiña nunha obsesión cando Jesús desaparece, reaparece cambiado e deixa de comportarse como alguén nos seus últimos días. Entre sospeitas, frustración e un humor negro cada vez máis corrosivo, a parella comeza a contemplar un plan tan absurdo como tentador.

Ficha Técnica

Dirección Alberto Utrera

Guión Carlos Soria, Alberto Utrera

Fotografía Miguel Ángel García

Montaxe Alberto Utrera, Sevilla Lucía

Música Iván Valdés

Deseño de produción María Del Busto

Vestiario Óscar Guimarey

Intérpretes Susana Abaitua, Maxi Iglesias, David Lorente, Pepe Viyuela, Paco Churruca

Produción Carlota Amor, Fede Pajaro

Distribución Cinemaran

Tráiler

Alberto Utrera

España, 1982

Alberto Utrera comezou a súa carreira na televisión antes de dar o salto dez anos despois á publicidade, aos documentais e, finalmente, á ficción. Especializado en montaxe, onde, nas súas propias palabras, «botou máis horas de traballo ca un frigorífico», traballou en todos os departamentos do proceso de produción, o que lle dá unha ampla perspectiva sobre como abordar un proxecto audiovisual. Amante da comedia como xénero, que «nos axuda a aceptar o que non podemos entender», está centrado actualmente na súa última película, Nuda Propiedad, que está previsto estrear no 2026.

Filmografía destacada
2026 Nuda Propiedad
2025 Uno equis dos
2025 La senda del pecado
2024 Desmontando a Lucía
2021 Sembrando el futuro
2021 Impuros
2017 Smoking Club (129 normas)