Sinopse
Unha rapaza salvaxe criada por lobos é capturada e introducida na sociedade moderna só para ser rescatada por unha parella radical que a confina nunha plataforma petrolífera abandonada. Pero, a medida que descobre as mentiras dos seus novos «pais», vese obrigada a valerse por si mesma e, en última instancia, a decidir se se integra na sociedade ou regresa á natureza.
Premios
2026 Film Festival Rotterdam (Países Baixos) Selección.
2025 Tribeca Film Festival (Estados Unidos) Candidatura a Mellor longametraxe narrativa internacional.
Ficha Técnica
Dirección David Verbeek
Guión David Verbeek
Fotografía Frank van den Eeden, Seppe Van Grieken
Montaxe Matthieu Laclau, Jann-Shan Tsai
Música Jay Cheng
Deseño de produción Elsje de Bruin
Vestiario Joan O’Clery
Intérpretes Jessica Reynolds, Naomi Kawase, Nicholas Pinnock, Marie Jung
Produción Erik Glijnis, Leontine Petit
Distribución Level K
Tráiler
David Verbeek

Países Baixos, 1980
David Verbeek estudou cine, fotografía e filosofía na New School University de Nova York e graduouse en dirección na Dutch Film Academy no 2005. No transcurso dos seus estudos, completou a súa primeira longametraxe, Beat (2004), que foi seleccionada para o festival de Rotterdam. Nos dez anos seguintes, realizou un total de seis longametraxes que lle mereceron recoñecemento internacional. Títulos como Shanghai Trance (2008) tiveron unha importante estrea na China, onde se proxectou en 240 salas de 88 cidades. A súa película Club Zeus (2011), ambientada en Shanghai e falada en mandarín, gañou un premio en Rotterdam. No 2010, R U There foi seleccionada para Un Certain Regard no Festival de Cine de Cannes. As súas obras máis recentes son Dead & Beautiful (2021) e The Wolf, The Fox & The Leopard (2025).
Filmografía destacada
2025 The Wolf, the Fox & the Leopard
2021 Dead & Beautiful
2018 An Impossibly Small Object
2015 Full Contact
2013 How to Describe a Cloud
2011 Club Zeus
2010 R U There
2008 Shanghai Trance
2004 Beat





