Walking holiday

CIAN DESMOND, JACK DESMOND / Irlanda-España / 2026 / Ficción / 70 min

Pases

Luns 28/9 – 22:00 h.
Teatro Principal

Venres 2/10 – 17:00 h.
Teatro Principal

Cartel de Walking Holiday

Sinopse

O mozo irlandés Seán deixa o seu traballo en Irlanda para poñerse a percorrer o Camiño de Santiago por un tema familiar. No seu traxecto por terras galegas toma un desvío cando coñece a Ana, unha avoa galega. A pesar de que non falan o mesmo lenguaxe, empezan a camiñar xuntos apoiándose o un ao outro. Seán revélalle que está a percorrer o Camiño en memoria da súa nai falecida, mentres que Ana tamén lle desvela que o motivo da súa camiñada é recoller as cinzas do seu fillo ás agachadas da súa neta, que a busca por toda a zona. Aos poucos, comparten as súas vidas e o seu duelo como dous descoñecidos, desde a barreira do idioma, pero enriquecéndose a través das experiencias privados que lles vai achegando o percorrido do Camiño.

Ficha Técnica

Dirección Cian Desmond, Jack Desmond

Guión Cian Desmond

Fotografía Jack Desmond

Montaxe Cian Desmond, Jack Desmond

Música Silvia Laguna López, Amhlaoibh Mac Suibhne

Son Cian Desmond

Dirección de arte Silvia L. López

Deseño de produción Silvia Laguna López

Intérpretes Elena Seijo, Amhlaoibh Mac Suibhne

Produción Desmond Bros Media

Distribución Desmond Bros Media

Tráiler

Cian Desmond, Jack Desmond

Cian & Jack Desmond

Cian e Jack Desmond son dous directores, produtores e guionistas irlandeses e irmáns. Colaboradores habituais, traballan tanto en irlandés como en inglés. A súa obra fílmica adoita reflexionar sobre como se comunican as persoas e a complexidade das relacións, a miúdo desde o humor irónico. Dirixiron curtametraxes e unha longametraxe documental financiados pola emisora irlandesa TG4. La película Walking Holiday inspírase en experiencias que ambos directores viviron cando as persoas non falan o mesmo idioma e, a pesar diso, xorde unha conexión especial e sorprendente entre elas. A compañeira de Cian, Silvia (quen tamén coprodujo a película), ten familia en Galicia, e Cian pasou un verán coa súa avoa en terras galegas. Esta película rodouse cun orzamento mínimo en Galicia, na vila da familia de Silvia.

Filmografía destacada
2026 Walking Holiday
2023 Cluiche As Baile
2015 Precipice
2012 Cents