9 de Maio de 2025

Dende o OUFF lamentamos profundamente o pasamento de Fran Gayo, director artístico do noso festival nos anos 2016 e 2017. Escritor, amante do cinema en todos os seus ámbitos e músico, Fran, foi unha persoa querida e admirada polo seu traballo no tempo que estivo en Ourense e que loitou por darlle un gran impulso ao festival, renovando a súa programación e abrindo as portas ao panorama internacional, recibindo a cineastas como Jeannette Muñoz, Mariano Llinás, Marilia Rocha o Camilo Restrepo.

Gayo naceu en Xixón no ano 1970, licenciado en Literatura Española, dedicou a súa vida ao cinema. Durante máis dunha década foi responsable de programación no Festival Internacional de Cinema de Xixón/FicXixón, no ano 2010 deu un salto internacional pasando a formar parte do equipo dun certame de recoñecida traxectoria en Buenos Aires e tamén foi responsable dos contidos de cinema do Centro Niemeyer, en Asturias.

Desde a organización do OUFF enviamos as nosas condolencias e un gran abrazo aos seus familiares e amigos.

Grazas e ata sempre.