14 de Agosto de 2025
  • O festival recupera a exhibición de curtametraxes internacionais
  • Recibíronse máis de 950 curtametraxes de todas as latitudes, e os países que enviaron máis producións foron, ademais de España, Arxentina, Brasil, Irán, Italia ou Francia.

O Ourense Film Festival regresa ca súa tradicional Sección Oficial Curtametraxes, nunha edición que recupera a proxección de curtametraxes internacionais. A programación está organizada en tres bloques, cada un de aproximadamente 90 minutos, que inclúen unha mestura de curtametraxes galegas, españolas e internacionais, cunha notable diversidade temática e un especial énfase nas cuestións sociais. As curtametraxes de produción galega competirán polo premio á Mellor Curtametraxe na sección Panorama Galicia, mentres que as internacionais optarán ao galardón de Mellor Curtametraxe na Sección Oficial Internacional.

As curtametraxes galegas representan arredor dun 30% do total das producións. Entre os traballos presentes nesta Sección Oficial Curtametraxes destacan obras como Land of the Dead Deer (sar zamin gavazn ha mordeh), de Anahita Qarcheh e Soroush Javadzadeh, Donde revientan las luciérnagas, de Miguel Ángel Papalini, Gallina, de Ana Arza, And That’s for This Christmas, de Peter Vulchev, Molly, de Benjamin Hujawa, Noites de Prata, de Soraya Antelo, e Adiós, de Álvaro G. Company & Mario Hernández.

Recibíronse máis de 950 curtametraxes de todo o mundo. Ademais de España, os países que máis solicitudes enviaron foron Arxentina, Brasil, Irán, Italia e Francia. Da selección final resultaron obras procedentes de España, Irán, Arxentina, Italia, Bulgaria, Alemaña, Brasil, Paraguai, Australia e Francia.

O OUFF · Ourense Film Festival celebrarase do 26 de setembro ao 5 de outubro de 2025 coorganizado pola Deputación de Ourense e a Asociación Luarada.

Listado completo das curtametraxes seleccionadas

Bloque 1

Hippocampus

Director: XAIME MIRANDA

Ano:2024

País: España

Sad Girl Summer

Director: ROBERTA CHÁVEZ CORRAL

Ano:2024

País: España

El ressò de la mirada

Director: CARLES BOVER

Ano:2025

País: España

Land of the Dead Deer (sar zamin gavazn ha mordeh)

Director: ANAHITA QARCHEH / SOROUSH JAVADZADEH

Ano:2025

País: Irán

And That’s for This Christmas) (И това е за тази Коледа)

Director: PETER VULCHEV

Ano:2024

País: Bulgaria

Boca de asno

Director: CARLOS CALVAR TOMÉ

Ano:2025

País: España

Carmela

Director: VICENTE MALLOLS

Ano:2025

País: España

Bloque 2

Kokuhaku

Director: ADRIÀ GUXENS

Ano:2025

País: España

L’acquario

Director: GIANLUCA ZONTA

Ano:2024

País: Italia

Mar de fóra

Director: MIRIAM RODRÍGUEZ, ÁNGEL CEA, ERIKA MARTÍNEZ

Ano:2024

País: España

Molly

Director: BENJAMIN HUJAWA Z

Ano:2024

País: Alemaña

Taxidermist (تاکسیدرمیست)

Director: SOUSAN SALAMAT CHAGHOOSHI / BEHZAD ALAVI

Ano:2025

País: Irán

Sem fantasia

Director: PEDRO MURAD, DANIEL HERZ

Ano:2024

País: Brasil

Noites de prata

Director: SORAYA ANTELO

Ano:2024

País: España

Bloque 3

Donde revientan las luciérnagas

Director: MIGUEL ÁNGEL PAPALINI

Ano:2024

País: Arxentina

Holdsworth

Director: XOSE DOPAZO

Ano:2025

País: España

Bondi Boy

Director: RHAVIN BANDA

Ano:2025

País: Australia

Polvo de ángel

Director: MIGUEL VARELA

Ano:2024

País: España

Gallina

Director: ANA ARZA

Ano:2024

País: España-Paraguai

Adiós.

Director: ÁLVARO G. COMPANY & MARIO HERNÁNDEZ

Ano:2025

País: España

Mexillonaria

Director: PABLO CHOUZA

Ano:2024

País: España

The Boy Who Cheated Death

Director: PIPOU PHUONG NGUYEN

Ano:2024

País: Francia