
- Acollerá títulos destacados, como Un simple accidente, gañadora da Palma de Ouro en Cannes 2025, e Entroncamento, que se proxectará por primeira vez en España
- O festival reafirma a súa vocación internacional cunha Sección Oficial enriquecida por títulos de Irán, Arxentina, Taiwán ou Portugal
O Ourense Film Festival vén de anunciar os primeiros catro filmes que integrarán a Sección Oficial Internacional da súa 30ª edición. As películas seleccionadas son unha mostra destacada do mellor cine internacional más recente, con propostas procedentes de lugares tan diversos como Irán, Arxentina, Taiwán ou Portugal.
O festival seleccionou títulos de gran relevancia como Un simple accidente, de Jafar Pahani, un filme procedente de Irán e recente gañador da Palma de Ouro en Cannes 2025, ou Entroncamento, de Pedro Cabeleira, unha película de orixe portugués, que terá a súa estrea estatal no certame ourensán.
Completan esta primeira selección as películas Extranjera, de Michelle Malley, unha coprodución entre Porto Rico e Taiwán que será tamén unha estrea do OUFF a nivel mundial, e Gatillero, de Cris Tapia, unha película de acción rodada integramente en plano secuencia, procedente da Arxentina.
A selección ampliarase con outros títulos de gran relevancia no panorama cinematográfico internacional, que buscan poñer en valor a excelencia creativa e técnica da industria do cine nos últimos anos. Estas incorporacións enriquecerán unha Sección Oficial Internacional que, coincidindo co 30º aniversario do OUFF, se presenta máis ambiciosa e diversa ca nunca, reafirmando o festival como un escaparate de referencia para o cinema de calidade a nivel global.
O OUFF · Ourense Film Festival celebrarase do 26 de setembro ao 5 de outubro de 2025 coorganizado pola Deputación de Ourense e a Asociación Luarada.







