26 de Setembro de 2025

Deu comezo a tan esperada 30ª edición do OUFF, o Festival Internacional de Cine de Ourense, que convertirá a cidade nun referente cultural durante os vindeiros días. A cita iniciase cunha gala inaugural que se celebrará esta noite ás 20:00 horas no Auditorio Municial de Ourense e estará presentada por Iván Iglesias e Ruth Gabriel, dúas figuras destacadas do mundo audiovisual.

O evento poderá seguirse en directo a través da emisión online da Televisión de Galicia (TVG), ofrecendo a todo o público a oportunidade de vivir o inicio desta edición tan especial desde calquera lugar.