
- Foi presentada polo guionista Diogo Figueira e o actor Tiago Costa no Centro Cultutal Marcos Valcárcel e proxectarase o luns 29 ás 17:00 horas e o mércores 1 ás 19:30 horas nos Cines Ponte Vella
O filme toma o nome de Entroncamento, unha cidade portuguesa situada na periferia de Lisboa, coñecida por ser un punto de paso de numerosas liñas ferroviarias, como un «gran cruzamento» construído para albergar ás persoas que traballaban na súa construción. Neste escenario, segundo explicou o guionista Diogo Figueira, desenvólvese a historia de Laura, unha moza que chega desde un barrio marxinal de OPorto, escapando dunha situación de violencia de xénero. En Entroncamento tentará reconstruír a súa vida, aínda que sen garantías de futuro, nun lugar marcado pola partida constante dos seus habitantes.
Tiago Costa interpreta a Fama, un dos principais traficantes de droga de Entroncamento, figura respectada na cidade e que inicia unha relación con Laura tras sentir unha forte atracción por ela. A moza, cun futuro incerto e atrapada nun emprego precario, decide buscar unha saída rápida e lucrativa, incorporándose á rede de Fama como traficante de hachís, o que lle permite ascender con rapidez na xerarquía do narcotráfico local.
En definitica, Etroncamento é un drama que narra as problemáticas actuáis desta cidade e dalgunhas zonas de Portugal, mostrando, por exemplo, a realidade da etnia xitana: os seus problemas de integración para conseguir traballo condenándoos a exercer outro tipo de profesións quizáis «menos legais».







