2 de Setembro de 2026
Curtametraxes 31 OUFF
  • Na selección figuran tres obras galegas

  • Os traballos proceden de filmografías tan diversas como a cubana, a salvadoreña, a chinesa ou a portuguesa

Ata 11 nacionalidades distintas estarán presentes nas curtametraxes a competición que se proxectarán na 31ª edición do OUFF · Ourense Film Festival. Con España á cabeza (sete curtas en total, das que tres son galegas), seguida de Portugal (dúas obras) e de países tan diferentes como Irán, Bélxica, China, Cuba, Canadá ou O Salvador. En total, serán 18 os traballos que competirán polos premios á mellor curtametraxe da Sección Oficial Panorama Galicia (os de produción galega) e da Sección Oficial Internacional (o resto).

As obras presentan un marcado carácter social, cunha temática na que conflúen problemáticas actuais coma os fluxos migratorios, a violencia contra a muller, a saúde mental e a memoria histórica. Así mesmo, tamén se exploran as relacións familiares, as complexidades da adolescencia ou realidades tan crúas coma a venda de órganos.

As curtas, todas elas obras de ficción, distribuiranse en tres bloques que se proxectarán no Cineclube Padre Feijoo, con entrada de balde.

As curtametraxes da 31ª edición del OUFF

Primeiro bloque:

Segundo bloque:

  • El relevo, de Bárbara Fernández y David Mendizábal (España, 2026, ficción).
  • La culpa de Caín, de Arturo López Rodas (El Salvador, 2026, ficción).
  • Vital, de Amir Zargara (Canadá, 2025, ficción).
  • Dreieck, de Saladin Dealers y Kim Culetto (Suíza, 2026, ficción).
  • Baja la marea, de Óscar Villarroya (Galicia, 2026, ficción).
  • Minuto 91, de Adam Yadlovskyi (España, 2026, ficción).

Terceiro bloque:

  • Polígono X, de Néstor López (España, 2025, ficción).
  • Trophäe, de Benjamin Hujawa (Alemaña, 2026, ficción).
  • Norheimsund, de Ana Alpizar (Cuba, 2025, ficción).
  • Samba infinito, de Leonardo Martinelli (Brasil, 2025, ficción).
  • No son sus ojos, de Varo López y Alejandro Guisado González (Galicia, 2026, ficción).
  • Consolatio, de Pedro M. Afonso (Portugal / 2026, ficción).

Algunhas das curtametraxes que se verán no OUFF xa pasaron por outros certames internacionais como Sundance ou La Semana de la Crítica de Cannes.