28 de Setembro de 2025
  • O filme, que compite na Sección Oficial Internacional, xa foi estrea mundial no OUFF e poderase ver o martes 30 ás 22:00 e o xoves 2 ás 19:30 nos Cines Ponte Vella

Michelle Malley, guionista directora de Extranjera, explicou durante a súa presentación no Centro Cultural Marcos Valcárcel que o guion xorde a partir dunha viaxe que realizou soa a China na que descubre unha historia persoal á que lle foi dando sentido ata poder expresar emocións profundas. Extrajera conta a historia de Epa, filla dun político ó que están investigando por corrupción, feito que a leva a fuxir de Porto Rico intentando evitar á opinión pública, que a asocia con esta investigación, e coa escusa de buscar respostas. Epa busca consolo na súa nai, que vive en Taiwán e coa que non ten ningún tipo de relación, nun encontro maís incómodo do que se esperaba xa que lle esixe tomar responsabilidade das súas propias accións.

Aris Mejías, proganista do filme, expresa que a película ten a mirada das persoas responsables que sofren as consecuencias do acontecido nas sociedades que as rodean, da corrupción neste caso.