28 de Setembro de 2025
  • O filme, que se presentou no Centro Cultural Marcos Valcárcel, exhibirase o luns 29 ás 19:30 e o mércores 1 ás 22:00 nos Cines Ponte Vella

Pablo Udenio, produtor da película,  foi o encargado de explicar que o «filme foi  producido de forma totalmente independiente», contando con un «baixísimo orzamento» e que «propón filmar un thriller en plano secuencia» . Esta película está filmada de noite, nun barrio das aforas de Buenos Aires, chamado Isla Masiel. Ademais, expresou a dificultade da grabación xa que segundo palabras do produtor supuxo «un desafío enorme» por todo o que implica filmar unha película en plano secuencia, aunque tamén sinalou a «importancia de que houbera unha historia emocional».

Do mesmo xeito, Mariana Flores, produtora executiva, destacou que a historia tamén ten moito que ver coa «historia personal do director», inspirado en varias persoas que coñeceu, sobre todo nalguén que morreu moi novo, «imaxinando como houbera seguido a súa vida se non houbese morto aquel día», como consecuencia dun «estado ausente». Todo o que o ocurre en Gatillero é real, sucede todos os días en Isla Masiel; narcotráfico e o fantasma de morte que acompaña a diario ó país.