
-
José Manuel Cancela, autor do tema musical do OUFF, conduciu a que foi a primeira interpretación deste en público
-
O concerto OUFF Film Symphony congregou a centos de personas no Auditorio Municipal nun tributo ás bandas sonoras de Hans Zimmer
Case non quedaban sitios libres no Auditorio Municipal de Ourense este mediodía para asistir ao concerto OUFF Film Symphony, o tributo da Xove Orquestra Ourensanía ao compositor Hans Zimmer e, tamén, a primeira oportunidade de escoitar, completo e en directo, o novo tema musical do Ourense Film Festival. Foi o propio compositor do OUFF Theme, o músico José Manuel Cancela, quen subiu ao escenario para dirixir a interpretación do tema, coa música sinfónica da orquestra e a colaboración dun grupo de pandereteiras.
Despois deste momento tan especial, José Luis Tielas, director musical do conxunto ourensán, tomou o seu lugar e no Auditorio comezaron a soar bandas sonoras tan coñecidas como as de Piratas del Caribe, Gladiator ou Origen. Todas elas compostas polo compositor alemán Hans Zimmer, lenda da música cinematográfica e protagonista desta homenaxe.
A Xove Orquestra Sinfónica estuvo acompañada de actores que recrearon algunhas das esceas destas películas e que converteron o concerto nunha cita chea de sorpresas.

O Ourense Film Festival estase a celebrar ata o 5 de outubro coorganizado pola Deputación de Ourense e a Asociación Luarada. A cita, que este ano cumpre 30 edicións, é posible grazas ao apoio da Xunta de Galicia, Hijos de Rivera, ABANCA, Gadis, AISGE, Radio Televisión Galega, La Región y APERSA.







