
-
El cineasta recibe esta noche la Calpurnia de Honra de la 30ª edición del OUFF · Ourense Film Festival
-
Su último largometraje, La deuda, clausura el festival y cierra una etapa en la vida de su director
Daniel Guzmán mantivo esta mañá un encontro cos medios antes de recibir, durante a gala de clausura, a Calpurnia de Honra da 30ª edición do OUFF · Ourense Film Festival. Para o cineasta, o galardón é «moi simbólico» pola «afinidade e a relación estreita que teño co festival, polo tipo de festival que é e por como nos acompañamos durante os últimos 25 anos». Ademais, a súa última longametraxe, La deuda, «pecha unha etapa para min e clausura o festival».
Daniel Guzmán presentou o seu primeiro traballo como director, a curta Sueños, no OUFF, e ademais ten participado no festival como actor, xurado e presentador. Agora, será o primeiro premiado coa nova Calpurnia de Honra, cuxo deseño foi renovado polo escultor Manuel Buciños con motivo do 30 aniversario do certame. Para Óscar Doviso, director artístico do OUFF, «Daniel Guzmán é a persoa adecuada para levarse este primer trofeo, porque representa tódolos valores do festival, cun enorme compromiso social».

Daniel Guzmán coa Calpurnia de Honra
La deuda, un proxecto moi ambicioso
Durante o encontro cos medios, Daniel Guzmán recoñeceu as dificultades para sacar adiante unha longametraxe, tanto económicas como emocionais. «Facer películas desgástame moito. Ata que atopo o que necesito ou quero contar, é un proceso moi longo. E os procesos e o tempo fan que te plantexes se teñen sentido». De feito, o cineasta confesou que agora necesita tomar un tempo de descanso.
Sobre La deuda, a película que clausura o festival e que poderá verse esta noite no Auditorio Municipal, dixo que «é a máis ambiciosa de todas (en total, dirixiu tres longametraxes), ten unha estructura de thriller e fala de temas moi cercanos ao espectador como a vivenda, a necesidade de afecto, a búsqueda de redención…». Ademais, confesou que aínda que o thriller non é o seu xénero favorito, si que «axuda a que o espectador esté interesado na película ata o derradeiro plano».
La deuda é a terceira longametraxe de Daniel Guzmán despois de A cambio de nada e Canallas. «Fago as películas que necesito facer e compartir co público», asegurou, «historias moi cercanas a través da verdade». «Hai un motor en min que necesita contar unha historia».







