
O OUFF · Ourense Film Festival desexa comunicar de forma oficial que, nesta 31ª edición, o festival e o certame OUFF Escola seguirán camiños diferentes.
O OUFF quere expresar o seu agradecemento ao Concello de Ourense pola colaboración mantida ao longo de todos estes anos. A vontade do festival é seguir traballando en beneficio da cidadanía e do tecido cultural ourensán. O festival agradece a comprensión do Concello neste proceso, e reitera a súa disposición a manter a comunicación de cara ás futuras edicións.
Pola súa parte, o OUFF mantén firme a súa aposta polos contidos dirixidos ao público infantil e familiar. Nesta edición, o festival reforza esta liña coa celebración do ciclo de animación Anímate ao Cine, que se celebrou nas semanas pasadas, coas actividades de Cine Familiar, incluíndo a proxección de Los Guardianes del Diente Mágico, o sábado 26 de setembro ás 12:00 h no Auditorio.
Xa estamos traballando na edición de 2027 na que haberá grandes sorpresas para os cativos e cativas.







