3 de Outubro de 2026
Presentación_El Mal Hijo
  • O director artístico do festival, Óscar Doviso, destacou a película como unha obra «marcadamente autoral y con una gran madurez cinematográfica».

  • O actor e cineasta confesou o reto emocional de debutar na dirección: «En esta película está todo de mí; me gustaría que quien esté pasando por un mal momento se sienta abrazado por ella».

A 31ª edición do Ourense Film Festival (OUFF) encamiña a súa recta final coa entrega do Premio Ópera Prima, que recaeu este ano no filme El mal hijo, o debut detrás das cámaras do actor Jaime Lorente. O certamen celebrará a entrega deste galardón durante a Gala de Clausura que terá lugar esta mesma noite no Auditorio de Ourense, onde a película será a encargada de poñer o broche de ouro á noite.

Na rolda de prensa de presentación, o director artístico do OUFF, Óscar Doviso, gabou o traballo de Lorente subliñando a súa calidade e risco: «Es una película marcadamente autoral y con una gran madurez cinematográfica desde la primera secuencia».

Unha obra persoal e vulnerable

Pola súa banda, Jaime Lorente amosouse profundamente emocionado e agradecido pola distinción no festival. O cineasta explicou o cambio radical de perspectiva que supón pasar da interpretación á dirección: «Nunca me he sentido tan vulnerable con ningún proyecto. Como actor normalmente me escondo detrás de un personaje como un escudo, pero esta película es una carta hacia mi sensibilidad y mi forma de entender el cine. Siento que está todo de mí puesto ahí».

Inspirada na novela homónima de Salvador Molina —quen tamén asina o guión—, a historia afonda nas fendas dunha familia rota polo peso das adiccións do pai e no profundo vínculo de coidado que xorde entre unha avoa e o seu neto. Lorente recoñeceu que o proxecto o levou a unha reflexión persoal moi profunda: «Me ha hecho cuestionarme a mí mismo como persona, mi papel como hijo y ahora también como padre».

A elección de amar e coidar a pesar do contexto

Máis alá do drama familiar, o director quixo poñer o foco na mensaxe de esperanza e calor humana que procura transmitir ao público: «Me gustaría que el público se quedase con la elección de amar y de cuidar, a pesar de todo y del contexto. Si alguien que viene a la sala está pasando por un mal momento, ojalá esta película le haga sentir abrazado».

A nivel técnico e narrativo, El mal hijo foi rodada en formato analóxico de 16mm e 35mm coa premisa de buscar «lo mínimo que tiene que suceder para que algo sea posible», apostando pola contención e a economía de recursos narrativos. Preguntado sobre a decisión de non actuar na súa propia película, Lorente aclarou que dirixir requiría un lugar de seguridade e control incompatible coa vulnerabilidade que esixe a interpretación, definindo a experiencia da dirección como unha reconciliación absoluta coa profesión.

A 31ª edición do OUFF · Ourense Film Festival celebrarase do 25 de setembro ao 4 de outubro, organizado pola Asociación Luarada co apoio da Deputación de Ourense e da Xunta de Galicia, e o patrocinio de Cervezas 1906, ABANCA, Gadis, Fundación AISGE, Grupo TAR, Televisión de Galicia e La Región.