3 de Outubro de 2026
Premiados 31 OUFF

Este é o palmarés que elixiron os xurados da 31ª edición do OUFF · Ourense Film Festival.

Sección Oficial Internacional:

  • Calpurnia á Mellor Película Internacional: Club Kid, de Jordan Firstman.
  • Mellor Dirección (Premio Carlos Velo): Myrsini Aristidou (Hold Onto Me).

  • Mellor Interpretación: Jessica Reynolds (The Wolf, the Fox & the Leopard).

  • Mellor Guión: Cristian Mungiu (Fjord).

  • Premio Especial do Xurado: La Maison des femmes (La casa de las mujeres).

  • Premio do Público Internacional: La Maison des femmes (La casa de las mujeres).

Sección Oficial Panorama Galicia:

  • Calpurnia á Mellor Película Panorama Galicia: KIRO (recollido por María del Carmen Quiroga, filla de Ana Kiro).
  • Mellor Dirección: María Aparicio (A veces me entra tristeza, otras veces rebelión)
  • Mellor Interpretación: Elena Seijo (Walking Holiday).

  • Mellor Guión: Cian Desmond (Walking Holiday).

  • Mención Especial do Xurado: María Yañez por KIRO

  • Premio do Público Panorama Galicia: KIRO.

Sección Oficial Curtametraxes:

  • Mellor Curtametraxe Panorama Galicia: Baja la marea, de Óscar Villarroya.

  • Mellor Curtametraxe Internacional: Vital, de Amir Zargara.

  • Mención Especial do Xurado: Química, de Senin Porto.

  • Mención Especial do Xurado: Norheimsund, de Ana Alpizar

  • Mención Especial do Xurado: Lidia Casanova, por Cremada

  • Mención Especial do Xurado: Igor Regalla, por Prayer

Unha comunidade unida polo cinema

Durante a gala, o director artístico do festival, Óscar Doviso, quixo destacar a conexión única acadada co público: «Volvemos facer comunidade arredor do cine. Mentres haxa historias que contar, persoas dispostas a contalas e espectadores dispostos a escoitalas, teremos unha razón para seguir aquí».

Pola súa banda, o presidente da Deputación de Ourense, Luis Menor, reafirmou o apoio institucional ao certamen: «Ourense quere cine, sabe facer cine e sabe acoller o cine. O apoio á cultura é unha inversión na nosa identidade e na nosa economía». A velada contou tamén coa emotiva actuación musical do grupo Escuchando Elefantes e pechouse coa proxección de El mal hijo.

PROXECCIÓNS DOS FILMES GAÑADORES NO TEATRO PRINCIPAL

Os espectadores poderán gozar de novo das películas premiadas no Teatro Principal:

  • Domingo 4 de outubro (11:00 h): KIRO (Calpurnia á Mellor Película Panorama Galicia).

  • Domingo 4 de outubro (17:30 h): Club Kid (Calpurnia á Mellor Película Sección Oficial Internacional).

  • Xoves 8 de outubro: proxección de La Maison des femmes (Premio do Público Internacional) e a Película Sorpresa para posuidores do Bono 10+.