23 de Novembro de 2026
Entrevista con Roberto Verino
  • O deseñador ourensán repasa a súa traxectoria e reflexiona sobre a importancia da identidade e o momento actual da industria téxtil nunha entrevista exclusiva co OUFF · Ourense Film Festival.

  • Verino, colaborador do certame, adianta algúns dos seus novos proxectos, que transcenden o mundo da moda.

O deseñador Roberto Verino (Verín, Ourense, 1945) é unha das figuras máis destacadas da moda española e un dos grandes embaixadores da provincia de Ourense. Ademais, foi un dos colaboradores da 31ª edición do OUFF · Ourense Film Festival, na que vestiu, entre outros, o presentador da gala de inauguración, Rafa Durán. Como mostra do seu apoio ao certame, o creador concedeu unha entrevista exclusiva na que falou da súa traxectoria, da evolución da industria da moda e a súa relación coa sostibilidade, da importancia de manter unha identidade propia e, por suposto, de cinema.

Durante a conversa, que tivo lugar na sede da empresa, no Parque Tecnolóxico de Galicia, en San Cibrao das Viñas (Ourense), Verino compartiu o seu orgullo polas súas orixes e o seu entusiasmo por seguir desenvolvendo proxectos vinculados ao territorio, especialmente no ámbito turístico. Ademais, abordou a remuda xeracional á fronte da compañía, deu as claves do vestiario perfecto e atreveuse a compartir recomendacións cinéfilas. Aquí tes a entrevista completa.