30 de Maio de 2025
Avance ciclo Inédito Ourense: Cine Arxentino

A 30ª edición do OUFF avanza na súa programación co anuncio do ciclo Inédito en Ourense: Cinema Arxentino, co que busca reivindicar o cinema que vén de Arxentina, nun momento no que a produción cinematográfica nese país é moi complicada. Dentro do ciclo proxectaranse un total de 6 películas, todas recentes, e entre as que se inclúen os seguintes títulos:

  • Lo que quisimos ser, de Alejandro Agresti (2024).
  • Un pájaro azul, de Ariel Rotter (2023), gañadora do Premio do Xurado e Premio ao Mellor Actor (Alfonso Tort) no Festival de Cine Latinoamericano de Biarritz.
  • La llegada del hijo, de Cecilia Atán y Valeria Pivato (2024), Premio Astor Piazzolla ao Mellor Largometraxe no Festival Internacional de Cine de Mar del Plata.