
-
Presentamos na libraría Eixo El universo de Marilyn Monroe
-
A acriz estará tamén presente na 31ª edición, no ciclo Agarimo adicado a Billy Wilder
«Marilyn es de las pocas actrices que reúnen ser un icono, ser un mito y ser una leyenda». Así é como definiu o xornalista e historiador cinematográfico Jaime Iglesias Gamboa á actriz de Hollywood, sobre a que escribe, xunto con outros autores, no libro El universo de Marilyn Monroe. A obra protagonizou o segundo encontro literario da 31ª edición do OUFF · Ourense Film Festival, que tivo lugar na librería Eixo de Ourense, e onde tanto o escritor como parte do público que asistiu á cita falaron da vida, obra e relevancia do mito.
El universo de Marilyn Monroe percorre a filmografía da actriz, incluídos os seus traballos non acreditados, dende diferentes perspectivas, as que achegan as persoas que participan na obra. Ademais de Jaime Iglesias Gamboa, hai capítulos firmados por Espido Freire, Rubén Montes, Mary Carmen Rodríguez ou Joaquín Vallet, entre outros nomes.
Para Iglesias, quen se encargou do dicionario de conceptos e personaxes que clausura o volume, «Marilyn es alguien poliédrico que puede representar muchas cosas dependiendo del lugar desde donde la observes y el modo en que la observes. Hay gente para la que es un símbolo sexual, para otros es la imagen de Hollywood… Ahora se la está resignificando como un cierto icono del protofeminismo. Entonces, es un personaje inagotable». De feito, na cita en Eixo quedou probado que a figura de Marilyn Monroe segue despertando interese e curiosidade, con varias intervencións e preguntas sobre a súa vida e morte.
Este segundo encontro literario do OUFF tivo lugar co gallo do centenario de nacemento da actriz e tamén da sección Agarimo do festival, que rende homenaxe a lendas do cine e que formará parte da programación da 31ª edición, do 25 de setembro ao 4 de outubro. Nesta ocasión, proxentaranse varias películas do director Billy Wilder, unha delas con Marilyn Monroe.
Jaime Iglesias Gamboa é un recoñecido xornalista e historiador cinematográfico, colaborador de medios de comunicación como Muy Interesante, El Mundo ou Cine Premiere México. Na actualidade, escribe nas páxinas do diario Gara e da revista especializada Dirigido por…
Se quedaches con ganas de participar na cita en Eixo, aquí tes un resumo do encontro.
https://studio.youtube.com/video/zv8gd4fE4Fg/edit







